top of page

O GTR Galaico Trail Run logra bos resultados no campionato galego por equipos disputado en Padrón

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Deza

O Gtr Galaico Trail Run disputou esta fin de semana o campionato galego por equipos de trail en Padrón da man do desafiovertice. Unha proba na cal consta de 22 quilómetros con 1500 positivos moi técnicos o cal incrementou a dificultades o tempo xa que choveu parte do transcurso da proba, causando baixas.


As féminas veñen da man de Alina Cimpean, Tamara García e Belén Riádigos, que se proclamaron terceiras clasificadas realizando unha carrera exemplar de saber correr en equipo.


E Alina Cimpean con un tempo de 2 horas e 55' sube tamen o caixón no posto terceiro da xeral, amosando unha fortaleza nos sitios técnicos atronadora.


O corredor Manolo Espiño coñecido por "Tato" entrou primeiro dos galaicos cun tempo de 2 horas 27' afianzando a seu magnífico estado de forma, seguido por Iván Sangiao 2h 40', Gustavo González 2h 42, Salvador Dobalo 2h 49', Javier Diéguez 2h 52', Juan Gómez 2h 58', Támara García 3h 19', Fernando Fraga 3h 24', Belén Riádigos 3h 29', Juan Jesús Varela 3h 33' e Miguel Carbonell con 4h 02'.


Enrique Rojo cun incrible tempo, 3h 42', proclamouse subcampión en M60 na distancia curta non por iso menos dura xa que contaba cun desnivel de 700 positivos en 14 quilómetros o cal ditaba que ía a ser unha carreira dura.


Vicente Agulló de la Fuente vence con contundencia na clasificación xuvenil con 1h 44', por detrás entra Emilio Romero 2h 05', Carmen López 2h 07', María Moreiras 2h 12' e Patricia Montoto con 2h 19'.


Carreira en Asturias

Por outra banda, a corredora galaica Noly Casal domina a terra dos osos xa que vén de disputar en Asturias, concretamente en Cangas de Narcea, a proba das 100 millas por Onde camiña o oso, na distancia de 65 quilómetros con 3.737 metros positivos e 4.500 negativos.


Acadou o segundo posto en M45, unha carreira esixente de principio a fin o cal a Galaico soupo interpretar moi ben e aproveitar a súa fortaleza nas longas subidas e así poder entrar con solvencia nunha segunda posición.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page