top of page

O GTR Galaico Trail Run lánzase ao Camiño de Santiago

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Noly Casal realizou o Camiño Portugués e Óscar Mariño quédanlle por diante 30 etapas


Ecos da Comarca/Deza

Os membros do GTR Galaico Trail Run non paran. A pesar de ter menor número de

competicións seguen a facer saídas. "Noly Casal lonxe de descansar para preparar a seguinte tempada vén de realizar estes días a ruta do Camiño Portugués ata Santiago de Compostela polo litoral da costa, 280 quilómetros, en oito días", sinalan.


"E o galaico Óscar Mariño leva xa transcorridas 11 etapas da súa longa viaxe dende o quilómetro 0, alá pola Catedral de Cádiz, percorrendo xa San Fernando, Jérez de la Frontera, Utrera, Alcalá de Guadaira, Sevilla... Quedándolle por diante 30 longas etapas ata Santiago de Compostela, con temperaturas que superan os 40 grados, obrigándoo a saír ás 4:00 horas para poder realizar as etapas", indican.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page