top of page

O GTR acada grandes resultados no Trail Vila de Padrón

Ecos da Comarca/Deza

O pasado sábado, 2 de setembro, desputouse o VI Trail Vila de Padrón - Desafío Vértice 2023, proba que pertence a Copa Xunta de Galicia de CxM. Ata alí desprazáronse a competir 13 socios do Galaico Trail Run-GTR.

Na distancia longa de 22km con +1530, o Club conseguiu o segundo posto por equipos e individualmente resalta o resultado obtido por Alina Cimpean, quen se proclamou campiona absoluta; cabe destacar que é a segunda proba consecutiva que gaña o que dá mostra do grande estado de forma no que se atopa. Así mesmo,Iván Sangiao, quen acadou un gran 7º posto absoluto e 4º na categoría.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Tamén participaron nesta proba Nacho Castro, que baixou das 3 horas, Franciso Dapena,

Tamara García, Camilo Framiñán, Alberto Campos e Óscar Mariño.


Na distancia Curta de 13km con +600, o GTR trouxo outro gran resultado por parte de Daniel Santalla, quen logrou un 4º posto absoluto e 3º da súa categoría. Tamén correron Emilio Romero, Patricia Montoto e María Moreiras.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A proba non defraudou, tiña unha gran sinalización do percorrido e os seus clásicos

cortalumes, ademais da magnífica organización por parte do Club de Montaña Vértice, a quen dende o GTR felicitan polo gran traballo realizado.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page