top of page

O Grupo Vivo de Cruces anima á veciñanza a asistir á manifestación na Pobra contra Altri e a mina

Haberá servizo de autobús, pero é necesario anotarse previamente


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Grupo Vivo de Vila de Cruces quere convidar á veciñanza do concello a participar da

manifestación que se celebrará o próximo sábado 22 de marzo na Pobra do Caramiñal, en

defensa da nos aterra e do noso mar.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"Debido á información da aprobación do Proxecto de Impacto Ambiental da Macrocelulosa Altri que pretende atentar contra o noso país da man da Xunta, consideramos fundamental unha resposta masiva de rexeitamento, e queremos que os nosos veciños e veciñas saiban que Vila de Cruces é un dos concellos, xunto con Arzúa, Santiso e Agolada que servirá de primeiro filtrado deste atentado medioambiental que verterá directamente no encoro de Portodemouros", subliña.



Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

E apunta que "cunha Macrocelulosa a escasos 11 quilómetros e unha mina a 3, vertendo e filtrando os seus residuos ás nosas augas, debemos ter unha resposta contundente. Por isto, o sábado 22 de marzo haberá a disposición da veciñanza un autobús que partirá da

praza do Concello ás 9:30 horas, polo que aquela xente que queira facer uso deste servizo deberá reservar praza a través do correo electrónico do grupo vivo (viladecrucesviva.altrinon@gmail.com) ou por whatsapp aos teléfonos: 648 950 199 / 679 032 201".



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page