O grupo coral Cantar Delas actuará este domingo na igrexa de San Tirso de Palas de Rei
- ecosdacomarca
- 4 mar 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Palas de Rei
O grupo coral, de voces brancas, Cantar Delas, actuará este vindeiro domingo, 6 de marzo, en Palas de Rei. A cita será ás 19:30 horas, despois da Misa do Peregrino, na igrexa parroquial de San Tirso da localidade, onde ofrecerá un concerto baixo o título Carmina Viarum. Interpetará varios cantos dos camiños, unhas composicións musicais relixiosas e profanas que van dende a Idade Media ata a actualidade.
O grupo coral de voces brancas, Cantar Delas, é único na provincia de Lugo e agrupa nestes momentos, a 28 voces femeninas dirixidas por Fernando Gómez Jácome.

Comments