Laura Moure/Lalín
O grao de execución da Edusi Lalín Ssuma acada o 99,44%. Así o anunciou nunha comparecencia o alcalde Xosé Crespo, xunto ao concelleiro de Urbanismo Pablo Areán e o arquitecto técnico municipal, Hervé Fernández (a concelleira reponsable da estratexia, Paz Pérez, non estivo presente a causa da gripe).
Publicidade
O pasado 31 de decembro remataba o prazo de execución, certificación e pagamento de todas as operación da EDUSI Lalin, despóis de 7 anos de trámites, planificación, redaccións de proxectos, correccións e finalmente execución e realización dos proxectos que se dividiron en dúas etapas: a primeira no goberno anterior que planificou unha parte da estratexia, encargou algúns proxectos e executou o 3% do programado; a segunda, executada polo actual goberno, deseñando novas operacións, adaptando algúns proxectos para axustalos ás necesidades e á realidade económica, completando en 4 anos o 97% que restaba da estratexia.
Publicidade
Esta estratexia siveu para executar programas coma o de Administración Electrónica, Ferramentas TIC, Cinto verde, Rehabilitación da área urbana de Lalín de Arriba, o Plan Talento da liña de Comercio, o Manuel Rivero ou o Concilia.
Todas as operacións e accións contempladas na EDUSI chegaron ao importe de 8.940.175 €, que inclúen os 5.000.000 € de fondos europeos, os 1.250.000 € que corresponden ao 20% inicial de fondos propios, e os 2.690.175 € que tivo que engadir o Concello para completar os distintos proxectos.
Publicidade
Coa experiencia de xestión de programas complexos como esta EDUSI, o IDAE o a Axenda Urbana, Lalín estará nas mellores condicións para optar a novos programas europeos ou de ministerios.
Comments