O programa que chega a un total de 20 municipios terán lugar entre xuño e outubro
Ecos da Comarca/Xeral
Un ano máis o programa de andainas Goza do Ulla chega a unha vintena de concellos entre eles a nove das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa: Arzúa, Touro, Agolada, Silleda, Vila de Cruces, Santiso, Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei. As rutas terán lugar entre xuño e outubro.
A iniciativa foi presentada un ano máis na Feira Abanca Semana Verde de Galicia, en Silleda, onde o Goza do Ulla tivo o seu propio stand para promocionar os encantos ao redor deste río e nos distintos concellos que atravesa.
"Amosamos o cartel, e ao longo destas vindeiras semanas iremos presentando cada un dos roteiros organizados polos concellos que baña o río Ulla. Anímate a pasear durante este verán!", sinala a organización.
Comentários