top of page

O goberno municipal de Silleda levará ao pleno deste mes a aprobación do V Plan Municipal deIguald

A comisión para a redacción do documento, constituida o mes pasado, avanzou na xornada de onte na concreción de obxectivos e e medidas a implementar nas distintas áreas


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda contará en breve co que será xa o V Plan de Igualdade 2023-2026. Logo da formación específica recibida e de varias xuntanzas para a avaliación e autodiagnose da situación do municipio en materia de igualdade de oportunidades, a comisión celebrou un novo encontro para seguir avanzando na redacción deste Plan. O documento, no que se recollen unha serie de accións en materia de igualdade, incluirase na orde do día do Pleno ordinario deste mes de xaneiro, previsto para o vindeiro xoves día 26.

A comisión para a redacción do plan, na que ademais do alcalde, Manuel Cuiña, e as concelleira de Igualdade, Ángela Troitiño, e de Cultura, Mónica González, figuran as traballadoras do Centro de Información á Muller (CIM) e da área de Igualdade, o técnico de Deportes, e Paula Rivela, de Sororas, -entidade encargada da redacción do documento-, avanzou na última reunión na concreción de obxectivos e medidas que se implementarán nas distintas áreas.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

O documento, que pasará unha vez aprobado á fase de difusión e de implementación, ten como principal obxectivo acadar a igualdade de trato e de oportunidades. Este Plan de Igualdade, o quinto xa realizado dende o Concello de Silleda, "é unha mostra do compromiso do Concello coa igualdade de oportunidades entre mulleres e homes en todos os ámbitos", recalca a administración local.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page