top of page

O goberno municipal de Silleda leva a Pleno a actualización das taxas da Escola de Música Municipal

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

A proposta, na que se traballou xunto coa dirección dos dous centros da entidade, pasa por establecer unha matrícula anual de 30 euros e actualizar os prezos públicos actuais para poder cubrir os custes


Ecos da Comarca/Silleda

O goberno municipal de Silleda vén de convocar unha sesión extraordinaria e urxente para este venres (18:00 horas) na que se abordarán distintas cuestións, entre elas amodificación da Ordenanza Reguladora da Taxa polo Servizo da Escola de Música Municipal. A proposta, elaborada xunto ca dirección da Escola –que conta con centros en Silleda e na Bandeira-, pasa por actualizar as taxas actuais, vixentes dende o ano 2012.

O funcionamento actual desta entidade, cunha recoñecida calidade no ensino, fai que as taxas que pagan as familias usuarias e a aportación municipal que se veu incrementando nos últimos anos resulten insuficientes para asumir os custes deste servizo.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Así, na nova ordenanza fiscal proposta, figura unha matrícula de 30 euros por curso, e actualización nas especialidades, incrementando a cuota mensual en 5 euros. Tamén se inclúen descontos por número de irmáns matriculados no centro (cun 20% de desconto no caso de 2 ou máis irmáns), familia numerosa e persoas usuarias con discapacidade (40% de desconto), que non figuraban na ordenanza de 2012.


Na sesión plenaria tamén se inclue unha modificación orzamentaria con cargo aos remanentes por importe de 58.153,10 euros para facer fronte á aportación municipal en tres actuacións subvencionadas que deberán acometerse nas próximas semanas. Trátase da mellora integral dos vestiarios do pavillón e campo de fútbol de Silleda; a renovación dos vestiarios e aseos do pavillón da Bandeira –a través dunha subvención do Agader – e a mellora integral da pista de Balántiga, en Escuadro, que se executará a través do Plan Marco.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A orde do día inclue tamén o modificado técnico da obra do novo consistorio, no que se recollen todas as variacións técnicas que se foron producindo ao longo das obras, sen que supoñan un aumento orzamentario. Entres os cambios recollidos figuran a modificación das estrutura da planta segunda do edificio, para alixeirar o seu peso debido a que os muros que se prevían de carga non eran viables.


Esta situación tamén supuxo a modificación dalgúns elementos da cuberta para alixeirar os pesos proxectados, como as cornisas e elementos de acabado da cuberta. Tamén foi necesario incorporar unha unidade de obra nova para introducir un tabique acústico móbil entre o salón de actos e o salón de plenos, que posibilita a ambivalencia dos dous espazos. Téñense feito ademais acabados nos espazos interiores que permiten axustes para que o orzamento non teña variación.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

ILUMINADOS

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page