Laro e Refoxos serán as dúas primeiras citas da axenda, o martes 27 e xoves 29
Laura Moure/Silleda
O goberno municipal de Silleda inicia a vindeira semana unha rolda de visitas ás parroquias do rural. Deste xeito, farase unha axenda de reunións polas parroquias de maneira gradual, tendo coma punto de encontro os centros sociais das distintas localidades que conforman o rural silledense.
Publicidade
O obxectivo é explicar as liñas de acción do goberno e informar á veciñanza sobre diferentes cuestións de interese coma o cambio de luminarias LED ou os servizos municipais (Liña Verde, Silleda Sostible, Silleda Activa …). Estas visitas tamén servirán para escoitar suxerencias, peticións e posibles incidencias que solucionar, ademais de resolver dúbidas.
A axenda comeza a vindeira semana. O martes 27 irase á parroquia de Laro, ás 21 horas, e o xoves 29 será o turno da parroquia de Refoxos. Despois continuarase nos seguintes meses, visitando varias localidades por semana.
Publicidade
“Tal e coma anunciei no pleno de toma de posesión, retomaranse as reunións veciñais no rural para manter o contacto directo ca veciñanza, para coñecer de primeira man as necesidades do rural e tamén informar de distintos servizos e a acción do executivo silledense”, sinala a alcaldesa Paula Fernández.

Por outra banda, tamén no marco da acción no rural, veñen de rematarse nos últimos días os traballos de mellora e acondicionamento ao núcleo de Currospedriños, na parroquia de Refoxos. A mandataria visitou acompañada dos concelleiros de Vías e Obras e Medio Rural, Antonio Ferro e Jesús Taboada, os traballos cos que se pavimentou o acceso ás vivendas desta aldea, mellorando sustancialmente esta entidade de poboación.
Publicidade
Tamén nos vindeiros meses se continuará con distintos traballos na rede viaria do rural e outros servizos.
Comments