O equipo dirixido por Pablo Gómez logrou un importante ascenso de categoría
Laura Moure/Melide
O alcalde de Melide, José Manuel Pérez, e o concelleiro de Deportes, Jose Antonio Prado, recibiron este martes na Casa do Concello ao Melide Fútbol Sala infantil, que vén de proclamarse campión da 1º división da Liga Local Infantil de Santiago, o que lle
dá acceso a competir na vindeira tempada en 1º Galicia infantil.
O equipo presidido por Francisco Javier Vázquez e dirixido por Pablo Gómez realizou
unha magnífica tempada de principio a fin na que os rapaces gozaron competindo
contra equipos da zona de Santiago.
O equipo de goberno manifestoulle aos integrantes do equipo os seus parabéns polo
éxito acadado, insistindo en que a práctica deportiva, tanto individual coma en equipo
reporta numerosos beneficios.

Comentários