O goberno local de Rodeiro agradece o traballo da comisión de festas desta localidade
- ecosdacomarca
- 14 jun
- 1 Min. de lectura
Os festexos celébranse dende onte ata o domingo
Ecos da Comarca/Rodeiro
O Concello de Rodeiro decidiu convocar a comisión de festas da capital deste municipio coa finalidade de mostrar "o noso agradecemento polo traballo que levan realizado en beneficio de todo un concello, xa que as festas da parroquia de Rodeiro, son as festas de todo un concello dende o noso punto de vista". Por ese motivo é tamén polo que, dende o goberno local," facemos un esforzo singular a hora de apoiar a esta comisión". As festas celébranse dende onte ata mañá, domingo.

Sinalan que dende que chegaron ao goberno "duplicamos os fondos destinados a este fin por, como lles trasladamos, o orgullo que sentimos do traballo que están a facer, incorporando ao que viña sendo habitual, ter en Rodeiro o mellor das orquestras galegas, a musica tradicional galega coa Banda de gaitas de Chantada e os Varacuncas de Rodeiro. Esta proposta que cualificamos de moi interesante, todas as iniciativas que poñan en valor a cultura popular galega sempre vai ter apoio por parte desta administración".
Publicidade
En definitiva, dende o goberno local coa concelleira de cultura, Xulia Dacal, a cabeza "aplaudimos o compromiso que estas mulleres teñen con Rodeiro e agradecerlles novamente o traballo feito para que Rodeiro teña as mellores festas que se poderían ter".
Comments