O goberno local de Cruces afirma que "ten só dous expedientes de responsabilidades patrimoniais fortuítas"
- ecosdacomarca
- 6 feb
- 3 Min. de lectura
E subliña "que os xuízos pendentes correspóndense á época do PP de Otero"
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O equipo de goberno de Xuntos, ante as novas declaracións do PP de Cruces sobre os
procedementos xudiciais abertos, quere manifestar que “o importante non é o número dos expedientes, senón o seu contido, cuestión que debería saber Jesús Otero tras 29 nos como alcalde”. Aclara de novo que o goberno municipal "só ten dous expedientes abertos de responsabilidades patrimoniais fortuítas, que nada teñen que ver coa xestión do seu goberno, en cambio, os xuízos pendentes si que son froito da ineficacia do goberno de Otero no seu momento".-
Segundo sinala o equipo de goberno, o expediente 254/2024 correspóndese a un xuízopor responsabilidade patrimonial que vai en contra dun informe técnico de Secretaría,
polo que non é unha demanda contra o goberno municipal. Tamén indica que os expedientes 1166/2024 e 1179/2024 non son xuízos, senón responsabilidades patrimoniais, é dicir, accidentes fortuítos provocados polo impacto dun vehículo contra un sumidoiro, que danou a súa llanta, e a caída dunha árbore sobre a cancela dunha casa.
Publicidade
Ademais, o goberno municipal alude a outros tres expedientes –971/2023, 951/2024 e 1163/2024– que son denuncias pola Relación de Postos de Traballo (RPT), formulada de maneira desigual desde 2008, de tres funcionarios do Concello que “estaban amedrentados por Otero para que non manifestasen o seu malestar e presentasen as reclamacións pertinentes”. "Desde 2019, o equipo de Xuntos está a arranxar a problemática da RPT realizando as oportunas modificacións en 2024 e cunha última pendente para este ano co fin de actualizala e eliminar a problemática arrastrada desde
o ano 2008 no que gobernaba Jesús Otero". “Como ben sabe Otero, ao longo do seu mandato dedicouse a ameazar ao persoal laboral para que non reclamase os seus dereitos. Desde o mandato de Luís Taboada isto é impensable, por iso ao longo do
2024 realizou unha primeira modificación da RPT e neste 2025 finalizará a mesma,
rematando así coas desigualdades producidas por Jesús Otero”, manifesta o equipo de goberno.

Así mesmo, lembra que "o expediente 1126/2023, referente a unha denuncia do SAF, xa está solucionado pola gran xestión de Luís Taboada; o 874/2024 é unha denuncia por unha factura de 2017 do goberno de Otero, xa prescrita. Sobre o 1178/2024, o goberno municipal explica que se trata dunha denuncia entre veciños onde o Concello non ten implicación; o 402/2021 é un expediente resolto e sen imposición de costas; e o 170/2022 dunha denuncia pola perda dos mapas do Legado de Hilgen acontecida en maio de 2018, ano no que gobernaba Jesús Otero".
Sobre o expediente 730/2024 dunha denuncia por edificar a escola infantil en solo privadoen 2015, o goberno municipal explica que a propietaria actual, que herdou a propiedade, contactou co Concello cando quixo vendela, sorprendida ao ver que nesta parcela se construíu unha escola sen terllo notificado e sen documento de cesión, dado que o PP “non realizou as tramitacións legais esixibles”, ben contactar co propietario do terreo para pedir unha cesión do mesmo ou pagar pola propiedade.
Sobre o expediente 40/2023, onde o goberno municipal aclara que "a denuncia foi froito dun accidente laboral no que a Seguridade Social decretou o pagamento dunha sanción da que se fixo cargo a Responsabilidade Civil, pero o Concello reclamará este abono cunha apelación".
O goberno municipal de Xuntos quere advertir "de que o PP está querendo confundir e xerar o caos, cando o Concello está a funcionar con total normalidade, cunha xestión dilixente e escoitando sempre a voz da veciñanza". “Unha vez máis, queda clara que a
xestión de Jesús Otero no seu mandato foi pésima. Entendemos a súa frustración, porque ve que actualmente desde o goberno municipal esforzámonos por cumprir coas necesidades da veciñanza a pesar das deficiencias que herdamos do goberno do PartidoPopular con Jesús Otero á cabeza, xa que el só ía á deriva a través de continuas mentiras e ilegalidades que afectan aos veciños. Agora os cruceños están respaldados polo noso equipo de goberno, veciños dos que tamén recibimos o apoio continuo ante as difamacións de Otero. Non nos estrañan as falsas declaracións do dirixente do PP, intentando mentir á veciñanza, xa que el mesmo tamén minte aos seus propios compañeiros de partido, que tamén nos amosaron o seu apoio”, afirma o goberno municipal.
NOTICIAS RELACIONADAS:
PP cruceño: "Taboada unha vez máis, en evidencia no Pleno": https://www.ecosdacomarca.com/post/pp-cruce%C3%B1o-taboada-unha-vez-m%C3%A1is-en-evidencia-no-pleno
"Dos oito procedementos xudiciais, seis foron causados pola mala praxe, inoperancia e mala xestión do PP", sinala o goberno de Cruces: https://www.ecosdacomarca.com/post/dos-oito-procedementos-xudiciais-seis-foron-causados-pola-mala-praxe-inoperancia-e-mala-xesti%C3%B3n-d
O Partido Popular de Cruces sinala que "está farto das mentiras e manipulación do Señor Taboada": https://www.ecosdacomarca.com/post/o-partido-popular-de-cruces-sinala-que-est%C3%A1-farto-das-mentiras-e-manipulaci%C3%B3n-do-se%C3%B1or-taboada
Comments