top of page

O goberno local de Arzúa aproba o proxecto de urbanización dunha nova fase da rúa Fraga do Rei

Contará cun investimento superior aos 500.000 euros


Laura Moure/Arzúa

A sesión plenaria celebrada en Arzúa o pasado día 30 de setembro deu luz verde á aprobación do proxecto de reurbanización da segunda fase da rúa Fraga do Rei, unha das principais arterias que vertebran o casco urbano da vila. O novo proxecto que contempla a renovación deste importante vía ao longo dun tramo de 250 metros, que abranguen dende dende o punto onde remataron os traballos da primeira fase de acondicionamento da rúa ata a súa finalización na Avenida de Lugo, non contou cos votos favorables nin do Partido Popular nin do Bloque Nacionalista Galego.


O proxecto, que conta cun orzamento de 526.091 euros, poderá tramitarse para a súa execución nos vindeiros meses grazas ao compromiso do goberno municipal. Foi o alcalde, José Luis García, xunto coa concelleira de Obras, a socialista Begoña Balado, quenes decidiron reservar esta cantidade dos fondos do POS adicional que financia a

Deputación Provincial.

A rúa Fraga do Rei de Arzúa.

Esta segunda fase de reurbanización da rúa Fraga do Rei seguirá idénticas directrices ás empregadas no tramo de rúa xa reurbanizado dende a travesía da Feira e no que o goberno municipal xa investiu un total de 250.000 euros, que deixan á vista unha vía cunha imaxe completamente renovada.


O obxectivo desta segunda fase de reurbanización da céntrica rúa é, en palabras do propio alcalde, “mellorar a súa funcionalidade e, ante todo, a seguridade viaria, cumprindo en todo momento coa lexislación en materia urbanística”. O tramo de vía sobre o que se vai actuar ten doble sentido de circulación, beirarrúas en ambas marxes cun ancho inferior ao metro e medio, bandas de aparcamento sen delimitar, e un firme cun importante estado de deterioro.

Un dos principais inconvintes sinalados polos técnicos municipais é a falta de ordenación do tráfico que provoca un estacionamento descontrolado dos vehículos que chegan a invadir os carrís de circulación. A proposta técnica para corrixir esta situación pasa por delimitar zonas para o estacionamento de vehículos de dous metros de ancho, xunto con

beirarrúas de máis de 1,80 metros. A proposta inclúe a reordenación da circulación viaria mediante un carril de sentido único dende a Avenida de Lugo ata a rúa Castelao; e entre esta vía e a Fraga do Rei, conservar o dobre sentido de circulación para garantir os cambios de sentido, e a conexión cos rúas adxacentes.


Consulta dos mapas

Os planos do proxecto de reurbanización da rúa poden ser consultados por calquera persoa na páxina web municipal; de igual maneira as dúbidas que xurdan ou as consultas que se desexen facer ao respecto serán atendidas polo persoal do Departamento de Urbanismo Municipal, a onde poden dirixirse todas as persoas interesadas en coñecer os detalles "dunha actuación que imprimirá unha imaxe renovada, moderna e coidada a unha das principais rúas do municipio", recalca o Concello.


NOTICIA RELACIONADA:


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page