Destinará para tal fin un importe total que pode alcanzar os 20.000 euros
Laura Moure/Arzúa
O goberno municipal de Arzúa, - Alternativa por Arzúa e PSdG- vén de aprobar a convocatoria de axudas municipais de apoio ao estudo para este ano 2021 por un importe total que pode alcanzar os 20.000 euros.
O alcalde de Arzúa, José Luis García, explicaba este luns que se trata dunha liña de axudas para favorecer ás familias do municipio que polas súas condicións económicas presenten maiores dificultades para afrontar os gastos derivados da escolarizacións dos seus fillos e fillas.

Son axudas destinadas a facer fronte aos gastos derivados dos estudos nos niveis de educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria co obxectivo de facer efectivo o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación.
As familias interesadas poderán solicitar estas axudas a través da Sede Electrónica do Concello de Arzúa; disporán dun prazo de 15 días hábiles dende a publicación das correspondentes bases no Boletín Oficial da Provincia. Poderán destinalas á compra de material escolar funxible, de material deportivo, roupa de abrigo e calzado, e tamén material de protección sanitaria fronte á Covid-19.
Commentaires