Laura Moure/Silleda
Dende o goberno municipal de Silleda a alcaldesa, Fernández, celebrou a decisión comunicada pola Consellería de Educación de acometer as obras do patio cuberto no CEIP Plurilíngüe de Silleda, que “levamos moitos anos reclamando dende o Concello”, engadiu.

Fernández Pena lembra que na última reunión que mantivo co conselleiro xunto coa concelleira de Educación, Angela Troitiño, o 30 de setembro do ano pasado se acordou que o Concello de Silleda redactara o proxecto para desenvolver de forma conxunta as obras.
Publicidade
“Agora recibimos a boa nova de que se decidiu que a Consellería sexa quen asuma as obras ao cen por cen, e polo tanto dar así cumplimento ao que cremos necesario, que asuma obras que son da súa competencia”, engade.
A rexedora silledense celebra que este patio recolla tamén a superficie que hai xa cuberta, e explica que a nova estrutura, con paneis translucidos permitirá que os nenos e nenas do centro xoguen con iluminación natural e ao mesmo tempo protexidos da choiva.
תגובות