Esta medida entrará en vigor este sábado, 15 de xaneiro
Laura Moure/Xeral
Todos o test de antíxenos que se venden en farmacia para autodiagnóstico da Covid terán un prezo máximo de 2,94 euros, segundo acordou este xoves o goberno español, despois dun Nadal no que chegaron a superar o "prezo alcanzable" de 6 e 10 euros que se fixaron en xullo. Esta normativa entrará en vigor este sábado, día 15 de xaneiro. Isto fará que sexa un pouco máis levadeiro poder facerlle fronte á pandemia e tamén contribuirá á prevención ao poder obter un diagnóstico "asequible" tras un contacto cun positivo ou ante a posibles síntomas desta enfermidade.
España era un dos países europeos cos prezos dos test de antíxenos máis caros. Con todo, as grandes cadeas de supermercados non teñen a potestade legal de poder vender este produto nos seus establecementos, aínda que pediron ás autoridades poder telos, a diferenza doutros países europeos, como Portugal, que a súa venda está habilitada.

Comments