top of page

O goberno español desestima unha demanda veciñal para dotar de fibra óptica ao Sisto, en Dozón

"Telefónica recibíu recentemente unha axuda millonaria para dar este servizo na provincia de Pontevedra, no que se inclúe O Sisto", recalca Mario Vila, veciño ao que lle rexeitaron a súa reclamación


Ecos da Comarca/Dozón

O goberno do Estado español desestima unha demanda veciñal para dotar de fibra óptica O Sisto, en Dozón, tal e como informa o veciño Mario Vila. Todo comezou en setembro de 2021, cando Vila presentou unha reclamación porque a empresa Telefónica anulou o seu contrato de Movistar Conecta 600 Mb alegando que no era posible proporcionarlle dito servizo.

Foi o 17 de febreiro de 2022 cando Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital desestimou a demanda deste veciño de Dozón. "Na resolución arguméntase unicamente que o servizo de internet establecido por lei está garantido. Non ve necesidade de requerir á operadora ofrecer o servizo ofertado na zona afectada e incumprido segundo se reflexa na demanda", sinala Vila e recalca que "Telefónica recibíu recentemente unha axuda millonaria para dar este servizo na provincia de Pontevedra, no que se inclúe O Sisto".

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Ante esta desestimación, Vila considera que "que a política da miseria resolutiva sobre servir con calidade e garantizar un servizo de conexión aceptábel queda relegado ao último lugar das necesidades sociais. Pero si se garantizan subvencións millonarias a Telefónica para dar publicitar servizos inexistentes. E o Ministerio de Transportes y Telecomunicaciones aténdose a un guión que para nada se adecua a dirixir con independencia un sector de oligopolio. É un órgano carente de atención funcional ao cidadán. A Xunta de Galicia outro tenderete máis para tampouco atender unha infraestructura para o rural", lamenta.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page