top of page

"O goberno do tripartito melidense fracasa na licitación da piscina catro anos e medio despois de tela pechado", sinala o PP

Ecos da Comarca/Melide

ree

O PP de Melide, sinala que foi informado no día de onte, da decisión que a Mesa de Contratación do Concello de Melide tomou o pasado 18 de decembro "ao deixar deserta a licitación para a obra de adecuación da Piscina Climatizada Municipal". O PP recorda que o Proxecto Básico foi modificado ata en tres ocasións ata alcanzar un presuposto de execución de 1.066.529,36 euros cun prazo de execución de 9 meses.


Publicidade

ree
Preme na imaxe para obter máis información!

Dende o Grupo Popular tamén advirten que "o procedemento administrativo estivo cheo de dilacións que non corresponden cos prazos da Lei de contratos do Sector Público xa que foi o 18 de outubro cando se declarou que unha das empresas presentara unha oferta en “baixa temeraria” pasando a segunda a ser a adxudicataria se se cumprían as condicións".


Publicidade

ree
Preme na imaxe para obter máis información.

Esas condicións, sinalan os populares, "non se solicitaron á empresa ata o 12 de decembro do pasado ano por parte do goberno tripartito municipal que analiza a documentación ata en tres ocasións (18-12-2023; 28-12-2023 e 15 de xaneiro de 2024) concluíu coa decisión de deixar deserto o procedemento e non impoñer sancións á empresa toda vez que o goberno municipal, tampouco cumpriu estritamente os prazos previstos na normativa, o que pode ser un argumento inmediato para a parte contratante para poder manter a súa oferta".


A conclusión, a xuízo dos populares melidenses "é un auténtico montón de recursos materiais e humanos municipais malgastados polo tripartito de Pérez, incapaz de realizar unha licitación pública que prometeu varias veces publicamente, demostrándose agora mentira tras mentira, ao estar pechada a instalación catro anos e medio despois".


Publicidade

ree
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

“Un auténtico despropósito” sinala a portavoz popular, Dalia García, que demostra “a incapacidade dun goberno subyugado á vontade de Am onde o BNG e o PSOE son meros títeres e cómplices necesarios que eivan o futuro de Melide: 4 anos e medio máis tarde os melidenses obrigados a ir a Arzúa se queren nadar”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page