top of page

O goberno de Xuntos cuestiona as propostas anunciadas polo PP cruceño

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

"Agradecemos que o señor Otero comece a ver as necesidades dun concello que estivo abandonado durante 29 anos pola súa nefasta maneira de gobernar"


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Ante as últimas declaracións de Jesús Otero (PP) sobre as súas propostas para levar a

cabo diferentes melloras a través do Plan Provincia, o grupo de goberno de Cruces de

Xuntos polo noso Concello cuestiona cada unha delas e puntualiza o seguinte.

"Agradecemos que o señor Otero comece a ver as necesidades dun concello que estivo abandonado durante 29 anos pola súa nefasta maneira de gobernar, pero non só en

canto ao saneamento integral, o ximnasio ou o polígono Aguillós (que nunca o recordou),

senón en todos os ámbitos de competencia local, que se viron claramente descoidados.

En canto á proposta do saneamento integral de Gres e Camanzo, queremos lembrarlle ao

señor Otero que, dende o ano 90, percibiuse en diferentes Administracións, a través dos

fondos europeos, financiamento para levar a cabo distintos proxectos co fin de mellorar o

abastecemento de auga e o saneamento; e, dende o Concello de Vila de Cruces, dirixido

polo señor Otero naquela época, NON se solicitou nada. Como consecuencia disto,

deixou menos dun 5 % de saneamento en todo o municipio. O señor Otero acórdase

agora de tan só dúas parroquias, nas que tampouco se fixo o saneamento, pero nós

acordámonos das 28 que ten o Concello de Vila de Cruces".


En canto á proposta do Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións do Polígono

Industrial Aguillós, sinala que "o señor Otero decidiu que era mellor opción investir os cartos na famosa nave do Galo que nunca abriu, e por iso non se puido desenvolver o polígono Aguillós que propón; sabendo que foi el mesmo quen o destruíu. Así que, unha vez máis, demóstranos a súa nefasta xestión non só como alcalde naquela época, senón agora como membro da oposición, querendo dar a entender que o actual goberno é “inoperante”; cando sabe de primeira man que o goberno de Luís Taboada está a traballar nesta e outras cuestións para sacalas adiante, xa que o señor Otero deixou abandonado

o polígono de Aguillós".


En canto á proposta da piscina climatizada e o ximnasio, "cómpre recordar ao señor Otero que esta cuestión a levou en varios programas electorais e o único que fixo foi dende o

ano 2013 ter un contrato de deportes caducado, que neste 2024 con Luís Taboada á

fronte se sacou o novo contrato, ampliando o horario e mellorando todas as condicións,

así como que, tanto no 2023 coma no 2024, se adquiriu material novo, ademais de iniciar

as obras de ampliación que estarán rematadas no 2025. Todo isto, fixémolo nós en tan só

5 anos de goberno, mentres o señor Otero, en 29, non deu feito nin isto nin nada do que

propón".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Polo que só, reitera o goberno local," nos queda dicirlle ao señor Otero que non se preocupe, porque dende o goberno de Xuntos Polo Noso Concello seguimos traballando para solventar non só estas cuestións, senón moitas máis, como o levamos facendo dende o 2019. E desexamos lembrarlle que, co seu voto nos plenos, é onde ten que demostrar o apoio para que o concello continúe medrando, xa que mentres el gobernou, ou máis ben desgobernou, non fixo nada para que as 28 parroquias do noso concello medraran e melloraran, dando as costas ás veciñas e veciños, ademais de aumentarse o seu propio salario ao máximo".


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page