top of page

O goberno de Silleda propón unha modificación de crédito por valor de 437.099,24 euros para as aportacións a obras do DUS 5000

A alcaldesa e a concelleira de Benestar e Educación participaron nunha xornada de concienciación medioambiental xunto ao alumnado de 6º de Primaria do CEIP Plurilingüe


Laura Moure/Silleda

O goberno municipal levará este venres día 15 a unha sesión plenaria extraordinaria (10:00 horas) a proposta de modificación de crédito por importe de 437.099,24 euros para facer frente ás aportacións do Concello de Silleda a dúas obras cofinanciadas co

programa europeo DUS 5000: a mellora da praza de Bandeira e o seu entorno (correspondente a esta anualidade) e a obra de Camiños Escolares Seguros ao IES Pintor Colmeiro.


Publicidade

Esta operación é o paso previo para a solicitude dun préstamo ponte extraordinario polo importe da modificación, xa que a falta de ingresos motivada polo retraso no cobro de subvencións de Administracións superiores obrigaría a ter que dispoñer de recursos ordinarios do actual orzamento prorrogado, mermando a capacidade inversora e os servizos do Concello deste ano.


“O Concello de Silleda non é alleo á situación doutros concellos que tamén polo retraso no cobro de subvencións de entidades como o IDAE están a realizar operacións financieiras para poder afrontar inversións, como é o noso caso, ou noutros gasto corrente”, explica a alcaldesa e responsable municipal de Facenda, Paula Fernández, que este mércores presidiu a xunta de voceiros do Concello de Silleda para falar desta situación cos voceiros do PP, Ignacio Maril, e do BNG, Erea Rey.


Publicidade

A aportación deste ano para as obras da praza da Bandeira é de 239.683,18 euros e no caso do Camiño Escolar Seguro ao IES Pintor Colmeiro a aportación que debe facer o Concello é de 197.416,06 euros.


En canto ás características do préstamo, Fernández Pena explica que este se liquidará no momento en que a Administración do Estado ingrese ao Concello o importe das obras da rúa Progreso. Esta modificación conta co informe favorable do departamento de Intervención.

Por outra banda, a alcaldesa e a concelleira de Benestar e Educación asistiron a unha xornada de concienciación medioambiental promovida por Masaveu Industria S.L. e na que participou tamén o alumnado de sexto de Primaria  do CEIP Plurilingüe de Silleda, que foi o protagonista da plantación de árbores autóctonas  na coñecida como Canteira de Rosende.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page