top of page

O goberno de Silleda finaliza o proceso de adquisición da casa situada na praza da Bandeira

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Arranca a Ludoteca de Nadal no pavillón do colexio deste municipio con 22 participantes


Laura Moure/Silleda

O executivo silledense aprobou este venres en Xunta de Goberno Local a adquisión do inmoble sito na rúa do Entroido número 1 da Bandeira, en plena praza desta localidade. No acordo adoptado figura tamén aprobar e dispor o gasto que supón esta adquisión por importe de 201.373,20 euros, tal e como figura na valoración da vivienda e se acordou no seu día no Pleno.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Este acordo chega despois do expediente de dominio así como dos trámites pertinentes en Notaría e Rexistro da Propiedade, para proceder a inmatriculación deste ben inmoble.


A vivenda que ten unha superficie construída de 172 m2 e unha parcela de 137,7 m2 ocupa unha zona central da praza e limita o espacio de xogos infantís, polo que a compra desta vivenda e a súa futura demolición garante non só maior espacio público senón tamén maiores garantías de seguridade para as persoas usuarias.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Logo de que a propia familia manifestase a súa intención de vender a casa, o goberno municipal encargou as valoracións técnicas necesarias para facer unha correcta estimación do ben. Cabe recordar que toda esta zona está incluída no proxecto de Mellora da mobilidade peonil e Rexeneración Urbana no centro de Bandeira que abrangue un ámbito de actuación dunha superficie de 7.623,05 m2. e que vén de ser adxudicada cun investimento de máis de 800.000 euros, a través do programa europeo DUS 5000.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Por outra banda, a concelleira de Educación, Ángela Troitiño, visitou o pavillón do CEIP de Silleda, no cal se están levando a cabo as actividades da Ludoteca de Nadal. En total asisten 22 nenos e nenas de 3 a 12 anos.

A ludoteca comezou onte e dará servizo ata o 5 de xaneiro (agás os días festivos) de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas. Esta iniciativa, estreada hai xa dous anos, busca facilitar a conciliación das familias durante as vacacións de Nadal, sumándose a outras iniciativas municipais neste mesmo ámbito, como o Servizo Lúdico Educativo.


Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page