top of page

O goberno de Rodeiro vai dar conta da liquidación do exercicio 2023 no vindeiro pleno

"Esta liquidación acredita que Rodeiro dispón de 1.087.638,58 €, case 600.000€ menos que en 2022 froito das numerosas facturas que deixou o goberno anterior sen pagar"


Ecos da Comarca/Rodeiro

Coa finalidade de poder empregar o remanente municipal en proxectos de máximo interés para a cidadania, o goberno municipal de Rodeiro vai dar conta da liquidación do exercicio 2023 no vindeiro pleno.

"Esta liquidación acredita que Rodeiro dispón de 1.087.638,58 €, case 600.000 euros menos que en 2022 froito das numerosas facturas que deixou o goberno anterior sen pagar", explica o goberno local.


Publicidade

Preme na imaxe para inscribirte e obter máis información.

Deste millón de euros, dende o goberno municipal liderado por Alberte Lamazares, responsable de economía, sector primario, educación, debe financiar coa cantidade de 131.614,4€ proxectos de aglomerado en pistas cofinanciados por outras administracións públicas.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

"A maiores tamén propoñemos a este pleno dispor de 7.600,64€ para cofinanciar a compra de unha pala mixta, un pisón de asfalto e un cortacespede para continuar na liña de mantemento do rural e parques municipais. Tamén se inclúe unha serra cortadora de polas para limpeza das pistas. Tamén temos previsto cubrir a pista de padel para a que temos que destinar 33.235,39€. Para a reforma da casa do concello temos previsto destinar 40.000€ para un proxecto de 150.000€", indica.


E por último, sinala que van dispor duns 25.817€ para o a mellora do museo municipal e o teito da casa da cultura.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento

Por outra banda, de facturas do ano 22 e 23 débense 168.700€ dos cales, 88.541€ son de transporte de zahorra e aglomerado.


"En definitiva, a este pleno levamos modificacións de crédito por valor de 158.108,43€ e o restante das facturas irá para o seguinte. En total do remanente temos comprometido 326.808,43€ A diferenza 760.830,15€ de remanente reservase para proxectos onde un gran porcentaxe o financien outras administracións", conclúen.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page