Sobre todo fala de incrementar os fondos en áreas como a de servizos básicos, de obras, de Servizos Sociais así como as axudas a entidades deportivas e culturais
Ecos da Comarca/Rodeiro
O goberno municipal de Rodeiro propón ao pleno unha modificación de crédito con
cargo ao remanente coa finalidade de actualizar o orzamento en vigor as necesidade do
conxunto da cidadanía. "Sobre todo estamos a falar de incrementar os fondos en áreas como a de servizos básicos e a de obras para continuar co bacheo, arranxo de pistas e traídas de augas entre outras necesidades".

Así mesmo, sinala que "tamén incrementamos con 17.000 euros os fondos relacionados coas axudas as entidades deportivas e culturais que tan importante traballo fan no noso concello".
Publicidade
"Destacar tamén o incremento de recursos na área de servizos sociais con 71.000 euros. Estes incrementos, e outros que figuran por partidas, trasladan a importancia que este goberno lle dá aos servizos no rural, a atención social e as asociacións xa que poñemos a disposición recursos históricos nestes 3 apartados".
Comments