top of page
Foto del escritorLaura Moure

O goberno de Rodeiro investirá 1.342.625 € en proxectos de mellora de pistas do rural

"Queda moito por facer en todas as areas e coa ilusión de poder executar neste ano 2024 a practica totalidade destes proxectos, seguimos traballando para poder continuar anunciando grandes proxectos para Rodeiro", sinala


Laura Moure/Rodeiro

O goberno de coalición de Rodeiro fai públicos os diferentes acordos aos que chegou con respecto as obras que, na súa gran maioría, se van executar nos vindeiros meses. Deste modo, o alcalde e o tenente de alcalde, Jose Luís Camiñas e Alberte Lamazares respectivamente, anuncian que durante o presente ano se van executar proxectos en pistas do rural cambote por valor de 1.342.625 €

Alberte Lamazares e José Luis Camiñas.

"Nesta cantidade incluimos a dirección de obra, proxectos, execución das obras e xestión de residuos. E isto vai ser unha realidade grazas a dous factores: Por un lado, a capacidade de xestión e de traballo do actual executivo xa que se conseguiron, a modo de exemplo, axudas públicas que en épocas anteriores nin se solicitaban. O importante desta inversión, non é a totalidade do gasto, que tamén, senón que é o pouco que debemos poñer do noso orzamento corrente". Por outro lado, destacan ambos membros do executivo, "que deste millón douscentos mil euros non existe nin un só euro que veña para Rodeiro por adxudicación directa de outra administración pública. Todos estes fondos conseguíronse a través de liñas de axudas públicas, tanto da Deputación de Pontevedra como da Xunta de Galiza, competitivas e non competitivas para concellos de menos de 20.000 habitantes. E polo outro, a sensibilidade que temos co noso rural, abandonado durante a última década. O noso rural e o principal motor económico de Rodeiro e no que vive gran parte da poboación local e sen se despistar das melloras que se deben executar na cabeceira da localidade, somos conscientes de que temos que reverter esta situación abandono", recalcan.


En definitiva, sinalan, "para aqueles que dicían que non existía a concellería de obras, isto demostra o bo resultado que está a dar este goberno de coalición que despois de pisar a practica totalidade das pistas municipais presentan este primeiro gran acordo de inversións municipais que vai ter impacto sobre a gran maioría das parroquias do concello.

Somos conscientes de que isto so arranxa un parte da desfeita herdada. Queda moito por facer en todas as areas e coa ilusión de poder executar neste ano 2024 a practica totalidade destes proxectos, seguimos traballando para poder continuar anunciando grandes proxectos para Rodeiro".


Publicidade

Execución das obras

  • Alén cruce de Pereira: 62.144€

  • Rañestras a Carboentes, 1º fase: 58.749,78€

  • Rañestras a Carboentes, 2º fase: 114.387,41€

  • Acceso a aldea da Granxa: 23.195,48€

  • Álceme a Rañestras 1º fase: 128.768€

  • Álceme a Rañestras 2º fase: 121.816,04€

  • Adelán a Vistuide 1º fase: 101.076,14€

  • Adelán a Vistuide 2 fase: 58.053€

  • S. Cristovo a Cristimil: 83.343€

  • Acceso a Saa: 29.746€

  • Acceso a Barregallos: 32.907€

  • Acceso a Toiriz: 12.644€

  • Mourigas a Cuñarro: 32.700€

  • Alboldrón a Vilamea: 39.842€

  • Camiño da aldea de Vilela: 48.339€

  • Vilaxuste a Loureiro: 68.935,84€


0 comentarios

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page