A alcaldesa destaca tamén a captación de fondos externos a través de diferentes axudas coas que seguir avanzando en novos proxectos deste municipio
Ecos da Comarca/Monterroso
"A boa xestión e o intenso traballo do Concello de Monterroso tradúcese en preto dun millón e medio máis para os orzamentos, o que permitiu mellorar a calidade de vida da cidadanía", recalca o Concello. A propia alcaldesa, Rocío Seijas, resaltou "o gran resultado" do exercicio orzamentario do ano pasado que cerrou o exercicio con 1.468.074,64 euros máis dos 2.957.221,12 aprobados inicialmente, "captando fondos externos a través de diferentes axudas coas que seguir avanzando en novos proxectos para Monterroso".

"A ampliación do crédito, conseguida co intenso traballo que dende o equipo de goberno do Concello se está levando permitiu acadar fondos de todas as administracións tanto provincial, autonómica como estatal traducíndose así nun crédito definitivo de 4.425.295,76 euros", recalca. E esta é a reparticiçon:
● Servizos sociais: 819.500,29 euros.
● Fomento do emprego: 368.038,64 euros.
● Educación: 286.339,32 euros.
● Deporte: 170.102,65 euros.
● Infraestruturas no rural: 411.483,40€euros.
● Vivenda e urbanismo: 371.471,57 euros.
● Servizo de administración xeral: 399.200.36 euros.
● Cultura: 464.067,09 euros.
"Toda esta boa situación económica, froito das tarefas de negociación do Concello con outras administracións, mantense a pesares de estar asfixiante situación contraída no 2001 coa que se mantén a débeda e todo elo cun remanente de tesouraría de 1.663.721,01 euros", incide. A maiores, a alcaldesa, sinala que Monterroso paga aos seus provedores nun prazo inferior ao establecido pola normativa, "o que é sinónimo de boa xestión, transparencia e traballo e permite o apoio e a confianza de provedores, especialmente locais".
Destaca, asemesmo, que se trata dunha xestión "responsable que garante unha axeitada
prestación dos servizos municipais, mantendo unhas contas saneadas, equilibradas e con
capacidade financeira para poder facer fronte ás obrigas e para afrontar novos investimentos".
Comments