top of page

O goberno de España elimina a axuda de 20 céntimos ao combustible, salvo para transporte profesional

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Ademais desta, hoxe anuncio outras medidas como a rebaixa do IVE do 4% ao 0% en alimentos de primeira necesidade e do 10% ao 5% para aceites e pasta


Laura Moure/Xeral

O presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez, comunicou este martes distintas medidas que se tomarán para, segundo el, "paliar a inflación e protexer aos colectivos máis vulnerables".

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Estas medidas, que entrarán en vigor o 1 de xaneiro de 2023, son:

  1. Rebaixa do IVE do 4% ao 0% en alimentos de primeira necesidade e do 10% ao 5% para aceites e pasta.

  2. Cheque de 200 euros para familias con rendas anuais de ata 27.000 euros.

  3. Prórroga durante o 2023 da gratuidade dos abonos de Cercanías, Rodalíes e Media Distancia.

  4. Rebaixa do 30% do transporte público urbano e interurbano de comunidades autónomas que o complementen ata o 50%.

  5. Prórroga do tope ao prezo dos alugueiros seis meses máis, á suspensión dos desafiuzamentos e da suspensión do corte de subministracións esenciais.

  6. Xubilación activa mellorada: sistema para que profesionais de Atención Primaria poidan complementar o 75% da súa xubilación cun servizo a xornada completa ou parcial.

  7. Eliminación da axuda de 20 céntimos ao combustible, salvo para transporte profesional por estrada, agricultura ou pesca.

  8. Incremento do 15% do Ingreso Mínimo Vital e de pensións non contributivas.




 
 

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page