top of page

O Goberno de España concede 2M € aos concellos galegos para accións contra a Violencia de Xénero

A distribución dos fondos baséase en criterios de poboación, de vítimas protexidas e prima a integración do municipio no Sistema de Seguimento Integral VIOGEN


Laura Moure/Xeral

Os concellos galegos recibirán directamente do Goberno este ano un total de 1.958.510,64 euros para a implantación de medidas e programas para a loita contra a violencia de xénero relacionadas co Pacto do Estado nesta materia. As contías foron

acordadas polo Ministerio de Igualdade a través da Secretaría de Estado de Igualdade e para a Erradicación da Violencia contra as Mulleres e foron publicadas no Boletín Oficial do Estado.

Estas cantidades van ser abonadas aos concellos para que poidan desenvolver as competencias que ten asignadas en materia de violencia de xénero e que foron restituídas polo Goberno de Pedro Sánchez, na que foi unha das súas primeiras medidas en materia de igualdade. Esta decisión foi acompañada por primeira vez por recursos económicos no ano 2018, e desde entón, o Goberno actualiza anualmente o importe destas transferencias, que son finalistas e chegan directamente á totalidade de Concellos, independentemente da súa poboación.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Desde o ano 2018 o Goberno entregou aos concellos galegos 13 millóns de euros para apuntalar a decisión adoptada, ao acompañala da correspondente dotación económica.


Os criterios de repartición son os establecidos no Real Decreto 1023/2020, de 17 de novembro, (modificado polo Real Decreto 503/2022, de 27 de xuño). O primeiro criterio é o establecemento dunha cantidade fixa por municipio de 1.522.84 euros, ao que se engade unha segunda cantidade en función do número de habitantes de cada municipio. O 15% da totalidade distribúese entre todos os municipios incorporados ao Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero do Ministerio do Interior e o 35% restante, en función do número de mulleres usuarias do Servizo Telefónico de Atención e Protección para vítimas da violencia de xénero (ATENPRO) empadroadas en cada municipio. O importe final da transferencia a cada concello ten en conta o remanente do importe recibido no ano 2023 e que quedou sen comprometer.



Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Accións subvencionables

As actuacións que se realicen con cargo aos fondos destinados a municipio para o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero deben cumprir os seguintes requisitos: deben estar enmarcadas nos eixos e medidas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero; ser gastos correntes (non gastos de investimento); deben facer visible o financiamento recibido (indicando a procedencia dos fondos); deben levarse a cabo durante o prazo comprendido entre o 1 de xullo de 2025 e o 30 de xuño 2026, e, por último, teñen que xustificarse adecuadamente.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page