top of page

O Goberno de España aposta pola dixitalización das rutas xacobeas e concede 1M€ á Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés

En dous anos, un total de 28 entidades, concellos e empresas de Galicia participan en 19 proxectos de experiencias turísticas innovadoras dotados con case 3M€


Laura Moure/Xeral

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, destacou a aposta do Goberno por impulsar e fortalecer un novo modelo turístico, que teña nas súas bases a sustentabilidade, a dixitalización e o valor engadido apoiando proxectos como “Camiño Francés. Camiño 360º”, que apostan pola dixitalización e a creación de servizos de información dixital ao redor do Camiño Francés a Compostela.

María Rivas, participou onte na presentación oficial desta iniciativa na que participaron representantes de distintos concellos das comarcas, que conta co financiamento de case 1 millóns de euros do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, dentro do Plan de Recuperación do Goberno. A subdelegada sinalou que este proxecto é un exemplo do proceso de transformación do sector turístico que impulsa o Goberno lembrando que estamos ante uns “investimentos históricos deste Goberno na transformación do turismo en Galicia, de 200 millóns de euros en catro anos”.


María Rivas indicou que “Camiño Francés. Camiño 360º é un proxecto que aposta pola dixitalización, a información, a intelixencia artificial”, o que sen dúbida achegará “un plus para as persoas camiñantes, pero tamén unha potente ferramenta para os xestores turísticos”. A subdelegada lembrou que son máis de 3.100.000 persoas as que percorreron o Camiño Francés desde o ano 2003, para coñecer a súa riqueza natural e o seu patrimonio. Tamén quixo resaltar que o o 53% das persoas que realizan algunha dos roteiros xacobeos son mulleres, e en moitos casos, fan ao camiño soas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Experiencias Turismo España

Durante a súa intervención, a subdelegada lembrou a aposta pola mellora do turismo ao longo do Camiño de Santiago, apostando pola diversificación, a desestacionalización e a creación de sinerxias capaces de activar as economías locais. Así o pon de manifesto a aposta polo Programa Experiencias Turismo España do que forma parte “Camiño de Europa”, unha iniciativa do Goberno para mellorar a oferta turística de España, impulsando iniciativas innovadoras e transformadoras a nivel nacional para promocionalas en mercados internacionais.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O programa forma parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Gobernos e inclúe unha liña de axudas para promover estas experiencias ao longo do territorio e que xa vai pola segunda convocatoria. Nos dous anos desde a súa posta en marcha, o Ministerio de Industria concedeu preto de 3 millóns de euros a 28 empresas, concellos e entidades de Galicia pola súa participación en 19 experiencias turísticas innovadoras.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page