top of page

O goberno cruceño reprocha a Otero que pedira 300 cadeiras do Concello para presentar a candidatura

Considera "inaudito que un exalcalde, quen debería coñecer as normas e leis que regulan o uso dos bens públicos, faga unha petición como esta"


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O goberno de Xuntos Polo Noso Concello "quere expresar a súa preocupación ante a recente solicitude do exalcalde de Vila de Cruces, Jesús Otero, quen a través do rexistro municipal pediu a cesión de 300 cadeiras do Concello para a presentación da súa candidatura política nun coñecido restaurante de Merza".

Foto de arquivo.

O goberno local considera "inaudito que un exalcalde, quen debería coñecer as normas e

leis que regulan o uso dos bens públicos, faga unha petición como esta. O material do Concello, como neste caso as cadeiras, son para o uso público das mesmas e non para ser levadas a un negocio privado e menos para un evento persoal como é a presentación dunha candidatura política".


Dende o goberno actual, liderado polo alcalde Luis Taboada, recalcan que "negamos esta

solicitude, e queremos facer saber ao señor Otero que o Concello de Vila de Cruces xa non é o seu casarío para usar a seu antollo. Despois de 30 anos facendo e desfacendo no Concello, é hora de que o señor Otero comprenda que os bens públicos son para o beneficio da cidadanía e non para intereses persoais".

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Neste sentido, o alcalde Taboada deixa claro que o seu goberno "non permitirá este tipo de actuacións e seguirá traballando para garantir a transparencia e o bo uso dos recursos públicos. As cadeiras do Concello son para ser utilizadas en actos públicos e non para eventos privados. Por tanto, facemos un chamamento á responsabilidade e ao respecto das normas e leis que regulan o uso dos bens públicos. Esperamos que o señor

Otero comprenda que o seu tempo no Concello rematou e que o seu mcomportamento non é tolerable no actual goberno municipal".

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page