O goberno cruceño agradece o traballo do Garda Civil Felipe Ferreiro polos seus 25 anos no concello
- Laura Moure

- 17 mar 2023
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Vila de Cruces
O goberno de Vila de Cruces agradece e recoñece ao Garda Civil Felipe Ferreiro Fernández polos seus máis de 25 anos de dedicación e servizo neste concello.

"Durante todo este tempo, o Garda Civil Ferreiro foi un modelo a seguir no seu traballo e no seu compromiso coa seguridade e o benestar da veciñanza. A súa profesionalidade e entrega no cumprimento das súas funcións foi excepcional, sempre cunha actitude amable e cercana cara aos veciños", recalca o Concello.
O alcalde, Luis Taboada, quixo destacar a importancia do seu traballo, subliñando que o "seu labor foi fundamental para manter a seguridade e a orde na localidade". Así mesmo, valorou "o seu compromiso e dedicación no desempeño das súas funcións, o que permitiu que o municipio de Vila de Cruces sexa un lugar máis seguro e tranquilo para todos".
"En definitiva, o Goberno quere expresar a súa gratitude cara ao Garda Civil Ferreiro e o seu compromiso co servizo público, sendo un exemplo para todos aqueles que traballan no ámbito da seguridade cidadá. O seu legado perdurará e será un referente para as xeracións vindeiras", reitera o Concello.








Comentarios