Ecos da Comarca/Xeral
Os efectivos do GES rescataron a un neno ao que lle quedou a cabeza atrapada entre os chanzos dunha escaleira en Brión. Os feitos ocorreron este xoves no interior dunha casa do lugar de Liñares.
Publicidade
Foron os propios efectivos do GES de Brión os que informaron ao 112 Galicia ás 19:45 horas de onte. Á súa vez, eles foran alertados a través dunha persoa particular, quen lles explicaba que o rapaz implicado non precisaba asistencia sanitaria, pero si axuda para ser liberado.
Publicidade
Entón, desprazáronse ata o lugar dos feitos e procederon a forzar os banzos da escaleira, construída en madeira, rescatando ao neno rapidamente.
Tamén se solicitou a colaboración dos axentes da Garda Civil.
Comments