top of page

O GES libera a unha persoa que sufriu unha saída de vía en Friol

Ecos da Comarca/Xeral

Os GES liberan a unha persoa que sufriu unha saída de vía en Friol. Non foi necesario o uso do material de excarceración para sacar ao ferido do vehículo, tal e como informa o 112.

Foto de arquivo.

Arredor das 9:00 horas desta mañá, un particular alertou ao 112 Galicia logo de ver como un coche saía da estrada cando circulaba pola LU-934 ao seu paso por Prado. Debido a que o implicado parecía estar atrapado no interior do turismo, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Vilalba e do GES de Friol-Palas, así como do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para asistir ao ferido unha vez fora liberado.


Tamén se informou á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Friol.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Os bombeiros, aínda que se mobilizaron, non chegaron ata o lugar do accidente logo de que se lle confirmase que a persoa xa se atopaba fóra do coche. Para iso, os membros do GES tiveron que levantar o vehículo e abrir a porta para acceder ata a persoa, sen que fose necesario o material de excarceración. Logo diso, o ferido sería trasladado polo persoal sanitario desprazado ata o punto.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page