top of page

O GES Friol-Palas levou a cabo o ano pasado un total de 251 actuacións

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Palas de Rei

O Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Friol-Palas que dá cobertura aos concellos de Begonte, Guitiriz, Outeiro de Rei, Palas e Friol realizou durante 2024 un total de 251 intervencións. Dende a súa posta en marcha, en 2022, superou xa o millar de actuacións, tal e como informa o Concello palense.

Fonte: Concello de Palas.
Fonte: Concello de Palas.

Entre o tipo de actuación que levaron a cabo están as saídas para: atender accidentes; relacionadas con fenómenos meteorolóxicos; con fauna; con retirada de niños de velutina; con incendios; con vertidos, entre outras.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O GES de Friol-Palas está formado por 12 profesionais con sede nunha nave municipal do polígono de Friol. Para levar a cabo as intervencións acometidas, o grupo de emerxencias conta cunha motobomba urbana, un vehículo motobomba forestal, un vehículo de emerxencias, un vehículo de transporte, equipos de eliminación de velutinas, de excarcelación e outros equipos necesarios para realizar o seu traballo diario.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page