Ecos da Comarca/Monterroso
O Concello de Monterroso vai recibir novo material para reforzo do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) no marco do compromiso da administración autonómica polo reforzo da seguridade das persoas na Comarca.
Publicidade
Efectivos do GES de Monterroso e o alcalde, Eloy Pérez, supervisaron o material destinado ao Concello e marcaron as directrices para o equipamento do novo equipo destinado á vila nunha aposta da Xunta por este servizo "que xa ten demostrado dabondo que é esencial para a seguridade da veciñanza", tal e como destaca o rexedor.
Publicidade
Comments