O GES de Monterroso desprazouse na fin de semana de novo a Marzá tras reavivarse o lume nos colchóns
- ecosdacomarca

- 7 jul
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Palas de Rei
Ao longo da fin de semana, os efectivos do GES de Monterroso tiveron que desprazarse ao menos en dúas ocasións, ata Marzá, Palas de Rei, para extinguir de novo o lume orixinado en colchóns apilados no exterior da empresa alí situada.

O lume, que non chegou a afectar ás instalacións da firma, orixinouse o pasado venres preto das 16 horas.
O 112 Galicia comezou a recibir avisos por mor deste incendio onde particulares indicaban que vían unha columna de fume negro provinte dunha nave en Marzá, no Castro, aínda que o lume non chegou a afectar á propia nave.
Publicidade
Segundo indicaron os equipos que interveñen neste incendio, o lume produciuse nuns colchóns no recinto da nave. Pola propia composición dos colchóns, resultaba difícil sufocalo, motivo polo que tamén se chegou a reavivar nos días seguintes.
Publicidade
Ese día no operativo participaron os Bombeiros de Chantada, o GES de Friol-Palas e o de Monterroso, a Garda Civil, a Agrupación de Voluntarios Protección Civil de Palas e medios do propio Concello, bombeiros forestais ademais de dúas avionetas de Medio Rural.
NOTICIA RELACIONADA:
Orixínase un incendio nunha empresa da parroquia palense de Marzá








Comentarios