top of page

O GES de Monterroso desprázase a Guntín ao incendio dun alpendre

Ecos da Comarca/Xeral

Esta madrugada o GES de Monterroso foi alertado polo 112 por un incendio nun alpendre no lugar de San Paio, en Guntín de Pallares, na estrada LU-3303 P, á altura do quilómetro 2 que une a recta de Valdeporras con Montecalvo, tal e como informa o propio GES.

O inmoble afectado. Autor: GES de Monterroso

"Alertou un traballador do sector leiteiro que pasaba a facer a recollida na zona ás 6:20 horas. Saimos dúas dotacións do GES de Monterroso e extinguimos o incendio ás 7:30 horas", indica o GES.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Sinala que tamén foron avisados tamén os Bombeiros de Chantada que se acercaron a axudar nas labores ademais da Garda Civil do posto de Monterroso.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"Quedou afectado o tellado sen que pasase para a casa colindante. O lume empezou no tellado encima do forno xa que o día anterior estiveron queimando restos de madeira e aínda quedaban brasas", indica o GES.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page