top of page

O GDR Comarca de Lugo reúne a 30 persoas para gozar das paisaxes agrarias de Monterroso

Ecos da Comarca/Monterroso

O Xeodestino Comarca e Terras da Ulloa organizou onte unha ruta guiada por Mónica Díaz polo concello de Monterroso cun percorrido circular de 9 quilómetros. A andaina saíu da Igrexa de San Salvador de Valboa e percorreu catro parroquias ata volver ao punto de partida.

Os participantes, un grupo de preto de 30 persoas, puideron descubrir o patrimonio natural e arquitectónico e unhas paisaxes agrarias espectaculares, salpicadas de vivendas con esgrafiados, explotacións gandeiras e numerosas igrexas románicas ou de orixe románica.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A ruta estivo organizada polo GDR Comarca de Lugo e contou co financiamento da Xunta de Galicia e pola Axencia de Turismo e coa colaboración do Concello de Monterroso e da firma local Doces da Ulloa, que ofreceu unha degustación dos seus produtos ao finallizar. O alcalde, Eloy Pérez, tamén se achegou saudar aos e ás participantes na andaina e convidounos a volver á Ulloa.






Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page