top of page

O Galicia Clarinet Fest converterá a Lalín nun referente da música clásica

Laura Moure/Lalín

Lalín prepárase para celebrar a VI edición do Galicia Clarinet Fest. Durante seis días, contando o concerto de benvida que se celebrará o domingo 27 de xullo , a vila acollerá concertos, estreas e talento global, situándoa no epicentro da música clásica e converténdoa nun oasis para os amantes da mesma.

Un festival único en Europa que combina unha parte académica, con estudantado e profesorado de renome internacional, cunha programación innovadora e de grande interese cultural, que ofrece de balde concertos de alto nivel abertos ao público. A Galicia Bass Clarinet Ensemble, presentados por Viravolta, actuará este domingo cun concerto de benvida ás 20.30 horas na Praza das Pipas dirixido por David Fiuza.


O luns 28 o concerto Inaugural "Sonoro Infinito" trae a Lalín unha experiencia interdisciplinar inédita en Galicia. O clarinetista Manuel Martínez presentará unha viaxe sonora e visual a través do tempo e o espazo, nun espectáculo que fusiona ciencia, arte e filosofía para reflexionar sobre a orixe, natureza e destino da humanidade.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O martes 29 terá lugar un Concerto de música de cámara no Salón teatro do Auditorio de Lalín, con Josep Fuster, José Luis Estellés e Alicia González Permuy como pianista.

Na Praza das Pipas, tanto o luns como martes ás 13 horas, haberá actuación de Celso Fernández Sanmartín e concertos de música de cámara de clarinetes.


Un elenco de músicos de talla internacional

Unha oportunidade de coñecer de primeira man a mestría de músicos que deixan pegada nos máis prestixiosos escenarios internacionais como Juan Ferrer (profesor na Forum Musikae e clarinete solista na Orquestra Sinfónica de Galicia) , Josep Fuster (clariente solista na Orquesta Sinfónica de Catalunya e profesor na ESMUC), Michelle Anderson ( profesora na Universidade de Columbia Británica en Vancouver), Manuel Martínez (clarinete solista na Banda Municipal de Barcelona e membro do Barcelona Clarinet Playerses), Emilio Alonso Espasandín (clarinete solista da Orchestre National de Cannes), José Luis Estellés (Director de orquestra, clarinetista e profesor en Musikene e Universidade de Colonia) e Xocas Meijide (clarinete solista na Banda Municipal da Coruña, profesor na Universidade do Minho e director artístico do festival). A pianista Alicia González Permuy (pianista acompañante no Conservatorio Superior de Música de A Coruña), e o director orquestral David Fiuza (Director titular da Gran Canaria Wind Ensemble, da Banda Sinfónica Galega e da Banda Municipal de Lugo) forman tamén parte do elenco do festival.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O Galicia Clarinet Fest é unha cita ineludible para os amantes da música, a cultura e a arte, que pon a Lalín no mapa internacional da música clásica.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page