top of page

O Galaico Trail Run estivo presente a pasada fin de semana en varias competicións

Ecos da Comarca/Deza

O Galaico Trail Run estivo presente a pasada fin de semana en varias competicións, tanto en Galicia como fóra da nosa comunidade.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Así en Langreo (Asturias) no Trail Valle de Samuño competiu Alberto Martínez Eiras, que correu o sábado 14k con 700 de desnivel positivo e o domingo 22k con 1500 +.


O Domingo no Trail Cova da Bruxa do Concello de Muros Manu Gómez alcanzou o 2º posto na distancia de 15 quilómetros e 700+.

Tamén o domingo foi a XV Carreira do Cocido en Lalín, na que a participación do clube foi moi numerosa, nada menos que máis de 20 inscritos. Destacando o 2º posto de Tamara García, veciña de Dozón, na distancia de 5 quilómetros, xa na proba longa de 10 quilómetros  Andrea Vázquez quedou 1ª na súa categoría e en homes Bruno Ferrradás acadou o 5º posto da xeral nunha proba cun gran nivel de participantes.




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page