top of page

O galaico Santiago Agulló conquista Mont Blanc

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Deza

O pasado 23 de setembro o corredor do GTR Galaico Trail Run Santiago Agulló Canda, xunto con compañeros do A.C.D. Bombeiros de Carballiño- Ribeiro, realizaron a saída dirección Mont Blanc. "Unha proba de accenso dura xa que o cumio está a unha altitude de 4.809 metros, o cal implica unha preparación previa tanto física como técnica. Tras a súa chegada os montañeiros realizaron a súa aclimatación física no ascenso ao cumio de Aiguille de Tour, onde alí fixeron a comprobación de material e revisaron a climatoloxía para realizar o ascenso ao mítico cumio dos Alpes", indica o clube.


O día 27, a unha altitude de1.320 metros, comezaron a súa conquista facendo noite no Refuxio de Tête Rousse saíndo ás 2:00 horas para facer cumio coa posta do sol e poder esquivar unha fronte de neve que facía presencia xa cos montañeiros finalizando o descenso do mesmo. "Unha gran satisfacción do éxito logrado xa que son meses de moita preparación para que todo saía ben, xa que son sabedores de que é unha zona onde os rescates en helicóptero son moi frecuentes polo cambio de climatoxía como pola dificultade de alta montaña", explica o clube.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page