O Galaico Brass Festival 2025 encherá Merza de música de metais do 6 ao 11 de xullo
- Laura Moure
- 2 jul
- 2 Min. de lectura
Laura Moure/Vila de Cruces
O Galaico Brass Festival (GBF) celebrarase este ano do 6 ao 11 de xullo na parroquia de Merza, no concello de Vila de Cruces, que se converterá unha vez máis na capital galega da música de vento-metal coa celebración deste encontro de referencia tanto a nivel
estatal como internacional. Organizado pola Asociación Cultural MerzaBrass, en colaboración coa Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Vila e Cruces, o festival combina unha programación de concertos de alto nivel cun curso formativo intensivo no que participan máis de 100 estudantes e profesorado de prestixio mundial.

Segundo explica a organización, o Galaico Brass Festival é unha cita imprescindible para gozar da música de metais nun entorno rural único, combinando excelencia artística, formación e espectáculos para todos os públicos.
Programa de concertos
Os concertos terán lugar no CEIP de Merza ás 22:00 hora, excepto o xoves que será ás
20:30 horas.
6 de xullo: Boston Brass (EE.UU.), un dos quintetos de metais máis recoñecidos do mundo, cun repertorio que vai do clásico ao jazz, sempre cunha posta en escena vibrante.
7 de xullo: Artistas del Gremio, o grupo aragonés que transforma cada actuación nun
espectáculo cheo de humor, enerxía e interacción co público.
8 de xullo: Jam Session con MerzaBrass, unha noite de improvisación e talento local.
9 de xullo: A Banda Artística de Merza acompañada de solistas internacionais como
Adam Rapa e Sergio Carolino, fusionando a tradición galega co virtuosismo contemporáneo.
Publicidade
10 de xullo: Real Filharmonía de Galicia, baixo a batuta de Sebastian Zinca, cun
programa que contará coa participación de solistas de renome como Marta Isabella Montes e Iago Bernat (trompas), Isobel Daws e Ian Bousfield (trombón), e Jeroen Berwaerts (trompeta). O programa formarano obras de F. J. Haydn, A. Rosetti, N. Rota
e D. Gates.
11 de xullo: Galaico Brass Ensemble, integrado por músicos da Banda Artística de
Merza e profesores do festival, encargaranse de clausurar esta edición cun concerto
especial.
Curso formativo
O Galaico Brass Festival ofrece ademais un curso intensivo dirixido a estudantes e profesionais dos instrumentos de vento-metal, con clases individuais, obradoiros e
masterclasses a cargo dun destacado cadro docente, no que destacan:
Integrantes de Boston Brass: Jeff Conner, Domingo Pagliuca, Chris Castellanos,
William Russell e José Sibaja.
Solistas internacionais: Ian Bousfield, Jeroen Berwaerts, Isobel Daws, Adam Rapa.
Músicos de orquestras europeas: Marta Isabella Montes (trompa solista da Orquestra
Sinfónica de Galicia), Iago Bernat (trompa solista da WDR Symphony Orchestra de
Colonia), Sergio Carolino (Orquestra Sinfónica do Porto).
Outros profesionais: Miguel Franqueiro (freelance) e Celia Olivares (coach).
Publicidade

O curso está aberto tanto a alumnado activo coma a oíntes, ofrecendo unha oportunidade única de formación e intercambio artístico nun entorno privilexiado.
Información e entradas
Toda a información sobre o festival, inscricións e venda de entradas está dispoñible na
web do festival: www.galaicobrassfestival.com
Comments