O concello entrega os libros polo 25N aos centros educativos
Ecos da Comarca/Silleda
O executivo municipal de Silleda celebrou a sesión de onte da Xunta de Goberno Local xa nas dependencias da nova casa consistorial.
A reunión, despois da recepción das obras no xornada do xoves 23, celebrouse na Sala de Xuntas do novo edificio ao que comezarán a trasladarse de forma progresiva os servizos a partir do vindeiro luns día 27.
Publicidade
O edificio, con máis de 1.000 metros de superficie repartidos en tres plantas e con acceso tamén dende a rúa Morón, mellorará a atención á veciñanza centralizando todos os servizos municipais nunha única ubicación.
Publicidade
Por outro lado, este venres a concelleira de Educación e Igualdade, Ángela Troitiño, fixo entrega dos lotes de libros aos centros educativos do concello: Escola Infantil A Galiña Azul, CEIP de Silleda e o de Bandeira, IES Pintor Colmeiro e o Colexio María Inmaculada.
Trátase de libros que afrontan a problemática da desigualdade por razón de sexo e a violencia machista. É unha iniciativa que se leva facendo dende fai uns anos e que leva por nome “Aprendendo a previr”, concienciado á poboación máis nova do municipio sobre cuestións de igualdade.
Por outra banda hoxe sábado día 25 celebrarase ás 12:00 horas na praza Siñor Afranio a concentración en sinal de repulsa pola violencia contra as mulleres. Haberá ademais photocall e stand divulgativo, baixo o lema “Fagámolas visibles”.
Comments