Laura Moure/Rodeiro
O examandatario de Camba e actual delegado territorial da Xunta en Pontevedra dende o pasado febreiro, Luis López Diéguez, será o novo secretario xeral do PP en Pontevedra. Desta forma, substituriá a Manuel Cores Tourís.
López ocupará o número dous da lista encabezada polo vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. "Luis é unha persoa nova, con ampla experiencia na xestión municipal e tamén con gran coñecemento de toda a provincia. É momento de dar paso a unha nova xeración de políticos que teñen demostrado contar co respaldo maioritario dos seus veciños, pero que aínda non asumiron responsabilidades de primeiro nivel no partido", indica Rueda.
NOTICIAS RELACIONADAS:
Comments