top of page
Foto del escritorLaura Moure

O exalcalde de Rodeiro Luis López cesa como delegado da Xunta en Pontevedra

Tras a renuncia de 16 persoas que formaban parte da lista do PP de Camba, el poderá tomar posesión como edil e así aspirar a presidir a Deputación de Pontevedra


Laura Moure/Rodeiro

O Consello da Xunta aprobou hoxe o decreto polo que se nomea a Agustín Reguera Ocampo como novo delegado territorial do Goberno autonómico en Pontevedra e a Ana Ortiz Álvarez, delegada territorial en Vigo. Os dous novos altos cargos da Xunta substitúen ao exalcalde de Rodeiro Luis López e Marta Fernández-Tapias, cesados na reunión semanal. O Consello tamén acordou hoxe o cese da directora da Axencia de Turismo, Nava Castro; a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella e o director xeral de Persoas con discapacidade, Fernando González Abeijón.

Desta maneira, López poderá aspirar a convertirse no novo presidente da Deputación de Pontevedra, liderada ata o momento pola socialista Carmela Silva. Este mércores, un total de 16 persoas que formaban parte da lista do PP de Camba, incluído o alcalde en funcións, Rubén Quintá, renunciaron a súa acta para que deste modo, López, poida tomar posesión como concelleiro o sábado no pleno de investidura do seu muncipio. Só sendo edil pode lograr ser presidente do ente provincial.


Foi o 12 de febreiro de 2021 cando López tomaba posesión como delegado da Xunta en Pontevedra. Estas foron as súas palabras:

“É unha enorme responsabilidade, que me emociona e agardo estar á altura da súa confianza con total dedicación, vocación de servizo público, traballo e atención absoluta aos galegos. Creo que esta elección non recaeu só na miña persoa, senón que é un recoñecemento a todos e cada un dos veciños de Rodeiro como concello pequeno, rural e de interior, pero caracterizado por ser un pobo loitador, traballador, sacrificado, nobre e orgulloso de si mesmo”.

A noticia da toma de posesión deste cargo no enlace:


Os substitutos

Agustín Reguera Ocampo Nado en 1964 é licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela. Reguera leva case tres décadas como alcalde do concello pontevedrés de Soutomaior e a longo da súa carreira desempeñou outras responsabilidades como deputado provincial de Pontevedra; membro do consello asesor de RTVE en Galicia; membro da Comisión de Turismo da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) ou como presidente da Axencia de Desenvolvemento rural Vigo-Baixo Miño.

Ana Ortiz Álvarez Nada en 1963 é licenciada en Dereito e diplomada na Escola de Práctica Xurídica pola Universidade de Santiago de Compostela. Ademais é funcionaria de carreira do Corpo superior da Administración da Xunta de Galicia. Ortiz ocupou o cargo de subdelegada do Goberno en Pontevedra entre 2017 e 2018. Ademais desempeñou outras responsabilidades na Administración autonómica como secretaria territorial da Xunta en Pontevedra; secretaria provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en Ourense; subdirectora xeral de Acción Familiar da Consellería de Familia, Muller e Xuventude e secretaria provincial da Consellería de Agricultura e Política Alimentaria en Pontevedra. Ortiz tamén foi letrada do Servizo de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) de Vigo.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page