top of page
Foto del escritorLaura Moure

O ex xogador de baloncesto Fernando Romay será o pregoeiro da XLVIII Festa da Empanada da Bandeira

Lamatubá, Agoraphobia, Ailá ou Os Carunchos daranse cita no Empanada Fest



Laura Moure/Silleda

O Centro Cultural Vista Alegre acolleu no día de onte unha multitudinaria e emotiva presentación dun dos eventos máis veteranos do verán galego, a cal contou coa presenza de Agustín Reguera, delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Belén Cachafeiro, delegada provincial e Paula Fernández, alcaldesa de Silleda. Ademais de desvelar toda a programación da XLVIII Festa da Empanada, a Asociación Cultural Amigos da Empanada aproveitou a ocasión para nomear á Asociación Cultural Vista Alegre socio de honra do colectivo, en homenaxe ao papel que esta institución desenvolve na vida cultural da vila da Bandeira. A presidenta Lola Sangiao foi a encargada de recibir esta distinción. 

Entroido da Bandeira. Imaxe cedida pola Asociación Amigos da Empanada da Bandeira.

A cuadráxésima oitava Festa da Empanada será, en palabras da organización, “única e irrepetible” por varios motivos. En primeiro lugar porque a festividade, que tivo a súa primeira edición en 1974, cumpre 50 anos de vida. En segundo lugar, porque espérase que o evento alcance a distintición de festa de Interese Turístico Nacional nos próximos meses, un título polo se leva loitanto intensamente os últimos anos. E, en terceiro e útlimo lugar, porque a Empanada 2024 será unha auténtica homenaxe ás avoas galegas. Amigos da Empanada propón a todas as persoas asistentes á festa, acudir á Carballeira da Empanada co característico “mandil da avoa” para celebrar as nosas tradicións e rendir tributo a todas esas mulleres que escribieron a nosa historia”. 


Publicidade

E neste sentido, o cartel desta nova edición, deseñado pola artista cruceña Carlota Salgado, presenta ás “dúas Maruxas da Bandeira”, dúas mulleres empoderadas do rural galego, que camiñan baixo un raio de múltiples cores, unha clara aposta pola diversidade e a igualdade. A obra inclúe elementos emblemáticos da Festa da Empanada, como follas de carballo, unha empanada, un rodillo, un mandil e ata unha roda dun carro tradicional de vacas, símbolo que rende tributo ás orixes da Empanada nos anos setenta. 


A Festa da Empanada sorprendeu a todas as persoas asistentes cunha completa programación cultural, musical e gastronómica chea de actividades repartidas en cinco días de celebración, tratando de abarcar tódolos gustos e idades: 

  • O mércores 21 de agosto sumará importantes novidades, como a celebración dunha nova edición do Entroido de Verán, que habitualmente tiña lugar no mes de xullo. Os disfraces encherán as rúas da Bandeira nun inicio das festas que estará complementado coa duodécima edición da Ruta da Empanadilla polos bares da localidade, a cal será amenizada polas agrupacións Os Sin Son Gaiteiros e Charanga Imperiais. Así mesmo, a SD Bandeira congregará ás persoas máis deportistas no seu campionato de brilé e de fútbol-tenis. 

  • O xoves 22 de agosto será a quenda para da rapazada, a cal poderá desfrutar dunha festa da auga e festa da espuma, as cales darán paso a unha Ruta da Empanada na hostalería local a cargo da Charanga Os Kokakolas e Argalleiros. Finalmente, a xornada contará coa participación de grupos de primeiro nivel no Empanada Fest, que xorde da fusión do Esmorga Folk e Bandeirock co obxectivo de unir forzas e potenciar un dos eventos musicais máis antigos de Galicia. Lamatumbá, Agoraphobia, MEU, Louband e Señora DJ serán os encargados de facer vibrar a Carballeira da Empanada. 

  • O venres 23 de agosto a rapazada volverá tomar as rúas con xogos tradicionais antes de medir as súas forzas no campionato de Tiro á Corda, que contará con categoría masculina, feminina e infantil nun ambiente amenizado por unha disco móbil infantil. Todo isto culminará cunha nova xornada de Empanada Fest, nesta ocasión con grupos de renome como Ailá, que actuarán xunto coa Banda de Bandeira, Os Carunchos, Xirandola, Leirabuxo, O Rabelo ou Argalleiros

  • O sábado chega o día central da celebración cunha nova edición do tradicional concurso de empanadas, que buscará outorgar unha vez máis o título de mellor empanada de país a unha das múltiples elaboracións que se presentan ao prestixioso certame culinario e que serán subastadas posteriormente entre o público asistente. Ademais da actuación de Xirandola e a declaración institucional dos Valedores da Empanada, o acto oficial contará cun “pregón de altura” a cargo do ex xogador de baloncesto Fernando Romay o cal terá a oportunidade de gozar un ano máis dunha comida e cea de peñas ao son de agrupacións tradicionais e charangas como Fanfarria Furruxa Charanga Charandonga ou Feixoada. A Festa non cesará en toda a xornada, contando con dúos na Rúa Xeral, Djs na Carballeira, así como unha gran verbena nocturna a cargo da Orquestra La Ola ADN e os DJ David Expósito, Carlos López ou Groove Amigos. 

  • Finalmente, o domingo será o día dedicado ás bandas, que un ano máis contará coa participación da Recreativa e Cultural de Bandeira e a Municipal de Silleda. Así mesmo, ofertarase unha nova actividade infantil e o grupo local Enredos Teatro realizará unha función na Carballeira de Silva. 


Andrea Pérez, nova integrante da directiva, expresou o seu orgullo pola colaboración de moitas das asociacións da Bandeira con Amigos da Empanada, feito que permitiu crear unha programación variada e de calidade. Pola súa parte, Andrea Guerra, expresidenta da asociación e responsable do Empanada Fest, foi a encargada de explicar unha fusión que busca potenciar de cara ao futuro un festival que é “Marca Bandeira” e que seguirá apostando pola solidariedade e pola súa gratuídade para toda a veciñanza.


Publicidade

O presidente da Asociación, Andrés Seoane, quen recoñeceu de xeito público a participación de tódolos patrocinadores e a colaboración das familias que ceden de xeito altruísta os diferentes espazos, tivo ocasión tamén de presentar a renovada imaxe da Festa da Empanada e o Empanada Fest. "Con esta nova identidade visual abrimos unha nova etapa chea de éxitos para a Empanada e para A Bandeira", expuxo Seoane. 


Tras a presentación, o acto finalizou cunha exposición artística que celebra os 50 anos da Festa da Empanada, seguida dunha degustación de empanadas, que abriu o apetito antes de gozar dunha concorrida ruta de empanadas polos bares do pobo a cargo de Punteirolo e Xirandola. As persoas asistentes puideron valorar a través de diversos códigos QR a gran variedade de empanadas en formato de tapa gratuíta. 


No día de hoxe, sábado 29, a Festa da Empanada inicia a súa promoción na feira da Bandeira, onde estreará novo merchandising, entre o que se inclúen os xa mencionados “mandís de avoa”. Así mesmo, a actriz Cristina Collazo, encargada de presentar o acto da Festa da Empanada xunto a Pepe Ayude ofrecerá unha representación teatral ás 12:00 horas baixo o título da Vendedora de Fume

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page