top of page

O ex-xogador brasileiro Ronaldo Nazario chega a Compostela tras atravesar terras dezás

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Percorreu o Camiño de Inverno xunto a súa muller e un grupo de apoio


Laura Moure/Deza

O emblemático exinternacional brasileiro e tamén histórico xogador de equipos como o Real Madrid ou o Barcelona, Ronaldo Nazario, chegou esta mañá á praza do Obradoiro, onde foi recibido pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

O ex-xogador de fútbol realizou a travesía a Santiago a través do Camiño de Inverno, en bicicleta eléctrica, acompañado da súa parella, Celina Locks, e un grupo de apoio, en seis etapas, saíndo de Valladolid o domingo 5. Durante as súas etapas atravesou a comarca de Deza, por onde pasa está ruta xacobea. Neste enlace pódese acceder a un vídeo que gravaron dende Lalín:


Son moitas as motivacións que levan aos peregrinos a adentrarse nesta gran experiencia e entre estas, figuran distintas promesas coma as de Ronaldo. El, presidente do Valladolid, prometeu realizar as catro etapas do Camiño de Inverno (más de 50 quilómetros) se o equipo volvía á Liga.

No seu recibimento no Obradoiro, a directora de Turismo de Galicia fixo fincapé na importancia que ten a visibilización do Camiño de Santiago de man de persoas de relevancia como Ronaldo. O ex-xogador brasileiro transmitiu a súa viaxe a través do seu canal de “Twitch”, onde ten máis de 51.000 seguidores.


A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro indicou que no que vai de ano foron entregadas xa arredor de 106.000 compostelas.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page