top of page

O espectáculo teatral 'Comando Comadres' chega a Agolada este venres, 16 de decembro

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Está interpretada polas actrices Chelo do Rejo, Mª Ángeles Iglesias e Anabell Gago


Laura Moure/Agolada

O Auditorio Municipal Manuel Costa Casares de Agolada albergará este venres, día 16, un espectáculo teatral. Trátase de Comando Comadres de Matrioshka Teatro enmarcado no programa Tornar ás Táboas da Deputación de Pontevedra. A cita será ás 20:00 horas.

Unha escena de Comando Comadres. Fonte: Matrioshka Teatro

Comando Comadres é un espectáculo en clave de humor de Matrioshka Teatro, baixo a dirección de Gena Baamonde, e coa interpretación das actrices Chelo do Rejo, Mª Ángeles Iglesias e Anabell Gago.


Un grupo de "artivistas" organizadas en diferentes comandos pon en evidencia as múltiples manifestacións da violencia patriarcal e cuestiona a persistencia dos seus valores no pensamento hexemónico actual.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Máis información desta obra no enlace:

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page