top of page

O espazo de innovación de Enerxétika 2024 destaca 11 proxectos centrados en enerxías renovables, sostibilidade e eficiencia

Un xurado profesional e independente foi o encargado de evaluar as propostas remitidas para determinar as que finalmente teñen presenza nesa área, denominada SIE


Laura Moure/Silleda

MA feira de enerxía Enerxétika, a cal celebrará a súa cuarta edición do 11 ao 13 de abril no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, ultima xa a súa exposición e programa de actividades. Así, xa se decidiron os proxectos que formarán parte do seu Salón da

Innovación Enerxétika (SIE), espazo que repite na feira tras o éxito da súa pasada edición e que ten como obxectivo poñer en valor proxectos innovadores no ámbito da sustentabilidade, a eficiencia enerxética e as enerxías renovables.


Un xurado profesional e independente, formado por profesionais de recoñecido prestixio membros do Foro Enerxético de Galicia, foi o encargado de avaliar as propostas remitidas para determinar as que finalmente teñen presenza no certame.

Os seleccionados foron o proxecto Cetric, un servizo de recarga de vehículos para municipios integral e diferenciador por estar baseado nunha colaboración público-privada, presentado por ASV Soluciones Eficientes; o microinversor IQ8P de Enphase, presentado por Ecogal como o sistema máis seguro e máis potente do mercado para paneis solares; o proxecto de dixitalización de infraestruturas e xestión enerxética intelixente dos portos de Moaña e Cambados que supón melloras significativas na súa eficiencia operativa e sustentabilidade ambiental, presentado por Edigal, e tamén dous proxectos de Energylab, o Aldealix, que ten como obxectivo poñer en valor e potenciar o uso de recursos forestais para xerar calor impulsando a creación de comunidades enerxéticas locais baseadas en astillas e biomasa forestal que incorporan ao mesmo tempo xeración fotovoltaica, e o Hydea, o cal pretende promover o uso de tecnoloxías baseada en hidróxeno verde procedente de renovables nos portos da área atlántica.


Tamén estará no SIE o escudo térmico total de Fischer Ibérica, unha membrana illante con partículas microcerámicas con excelentes calidades como illante térmico, impermeabilizante, anticondensacións e de resistencia ao lume que pode reducir os gastos de calefacción e aire acondicionado entre un 30-50%. Sumaranse o Makemake, intelixencia artificial aplicada á protección das aves que reduce o seu risco de colisión contra os aeroxeradores nos parques eólicos, que presenta Instra Enxeñeiros; o cargado de vehículos eléctricos Track S2, desenvolto por Lumosa para ser un produto de uso sinxelo e intuitivo que se pode utilizar de forma doméstica ou empresarial; e o piloto de flexibilidade Nexusflex, que permite modular a demanda eléctrica a través da monitorización dos equipos de refrixeración para beneficiarse das horas máis baratas no

mercado OMIE, presentado por Nexus Enerxía.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais, seleccionouse para o SIE o cadro eléctrico Plug&Play, unha solución de Quadrisol-Sapol para a protección eléctrica de plantas fotovoltaicas que inclúe inversores solares, instalación de comunicacións para monitorear a produción e consumo e panel eléctrico coas respectivas proteccións. Tamén estará a tecnoloxía Renovables y Sin Zanja, presentada por Sistemas de Perforación, a cal elimina a necesidade de realizar escavacións, reducindo o impacto ambiental, os custos e o tempo de instalación.


Espazo exclusivo

Todos os proxectos mostraranse a través de paneis nos que se poderán ver fotografías e un texto informativo sobre cada un deles. Estes situaranse nun espazo exclusivo para o Salón de Innovación Enerxétika (SIE).


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page