Hai uns días outorgáronlle o Loureiro de Ouro 2022 do Foro para Cultivos Culturais de Lalín e o Premio Careón na XXIII Mostra de Teatro Amador de Palas de Rei
Laura Moure/Lalín

Xoán Carlos García Porral será o pregoeiro das Festas das Dores de Lalín. "O recoñecido escritor e antropólogo lalinense, ademais de profesor e persoa moi apreciada por tódolos veciños, será o encargado do pregón das Festas patronais deste ano", sinala o Concello de Lalín. Os festexos celebraranse do 23 ao 27 de setembro.
Porral goza dunha brillante traxectoria e xa recibiu varios recoñecementos. De feito, sen ir máis lonxe, hai uns días outorgáronlle o Loureiro de Ouro 2022 do Foro para Cultivos Culturais de Lalín e o Premio Careón na XXIII Mostra de Teatro Amador de Palas de Rei.
Comments